A morte dun ser querido, é unha das experiencias máis dolorosas, estresantes e de maior impacto emocional das que imos ter que facer fronte ao longo da nosa vida. Nós somos conscientes diso, e por iso, todos os servizos que prestamos están baseados na compresión, respecto e empatía necesarias.
A nosa misión é apoiar aos familiares axudándolles a decidir e organizar cada detalle do servizo funerario desde o primeiro momento e ata despois de realizar a inhumación ou incineración.
Para iso, ofrecemos os seguintes servizos:
- Servizo de Pésame (trasladaremos as súas condolencias a quen ud. desexe)
- Necrolóxicas en radio e prensa
- Traslados
- Incineracións
- Exhumaciones e outros servizos do cemiterio
- Floristeria
- Seguros de decesos
- Gravación de lápidas, placas, etc.